A contratación de seguros agrarios en España marca un novo máximo en 2025

A contratación de seguros agrarios en España marca un novo máximo en 2025

A contratación de seguros agrarios en 2025 en España medrou un 1 %. No que respecta as primas alcanzáronse os 1.029 millóns de euros. Pola súa parte, subscribíronse case 380.000 pólizas durante o exercicio. 

Non obstante, donde máis se nota o incremento é na superficie, na cantidade de produción e nos valores asegurados. A superficie asegurada medra un 5 % con 42 millóns de toneladas, mentres que a produción protexida foi un 3 % maior. 

En canto aos valores asegurados, o sistema español de Seguros Agrarios Combinados, Agroseguro, bate récord por undécimo ano consecutivo. Aumentou un 6 % en 2025, ata os 19.332 millóns de euros. 

Esta evolución vén impulsada polo crecemento de varias das principais producións, entre as que se encontran os herbáceos extensivos. a uva de viño, os cítricos ou o conxunto dos seguros pecuarios

O presidente de Agroseguro, Ignacio Machetti, subliña que "manter este crecemento, incluso onde o aseguramento é alto, demostra que os nosos agricultores e gandeiros consideran ao seguro agrario unha ferramenta imprescindible fronte aos crecentes retos climáticos aos que se enfrontan".