MSD Animal Health anunciou que a Comisión Europea concedeu a autorización de comercialización de BOVILIS® Nasalgen®-C, unha vacina contra o coronavirus bovino (BCoV) . A vacina viva intranasal pode utilizarse para a inmunización activa de xatos desde o día do seu nacemento co fin de reducir os signos clínicos da enfermidade respiratoria e a excreción nasal do virus BCoV.
O BCoV pertence a unha familia de virus asociados a enfermidades entéricas e respiratorias en ruminantes. O BCoV está ben establecido como causa da diarrea neonatal do xato e disentería de inverno nas vacas adultas. Ademais, cando está presente no tracto respiratorio do gando, o BCoV aumenta o risco de padecer Síndrome Respiratoria Bovina (SRB), dando lugar a infeccións respiratorias con lesións histopatolóxicas e signos clínicos. A SRB é unha das enfermidades máis comúns e custosas que afectan os xatos con impacto tanto no curto como no longo prazo sobre a futura vida produtiva do animal.
"Os resultados preliminares dun estudo de campo presentado no Congreso Mundial de Buiatría 2022 indican que o BCoV está comunmente presente tanto na vía respiratoria como na entérica na poboación de gando leiteiro en Europa, sendo todos os rabaños seropositivos ao virus e estando o virus presente na vía respiratoria no 73 por cento dos rabaños", tal e como presentou Geert Vertenten, director técnico mundial de biolóxicos para ruminantes en MSD Animal Health. Ademais, nunha de cada tres granxas españolas incluídas no estudo epidemiolóxico detectouse a circulación do virus BCoV, tal e como se presentou no último congreso de Anembe (2023): "BOVILIS® Nasalgen®-C é a única vacina autorizada fronte ao BCoV na Unión Europea e pode administrarse no primeiro día de vida, de modo que lle ofrece aos xatos novos a protección máis temperá contra este patóxeno endémico".
BOVILIS® Nasalgen®-C permite a gandeiros e veterinarios protexer fronte ao BCoV mediante unha única vacinación intranasal desde o primeiro día de vida, mesmo en presenza dos anticorpos maternais. O inicio da inmunidade comeza cinco días despois da administración, cunha duración de 12 semanas.
BOVILIS® Nasalgen®-C pode utilizarse simultaneamente con BOVILIS® Intranasal RSP® Live, que ofrece protección contra o virus respiratorio sincitial bovino (BRSV) e o virus da parainfluenza 3 (PI3). Está dispoñible en envases dunha, cinco e 20 doses, o que nos dá flexibilidade para o seu uso en rabaños pequenos e grandes.
Os detalles do produto puden consultarse nesta ligazón.