A BiG X, de Krone, di adeus ao volante

A BiG X, de Krone, di adeus ao volante

Krone presentou o primeiro sistema de condución baseado en joystick para as súas picadoras de forraxe BiG X na edición de Agritechnica de 2019. Montado sobre o reposabrazos esquerdo, este joystick está disposto de forma ergonómica, o que permite aos operadores traballar de maneira relaxada e cómoda. En comparación coa condución tradicional con volante, o joystick reduce claramente a fatiga do operador. O reposabrazos esquerdo prégase facilmente para entrar ou saír da cabina. Mentres se traballa co joystick o antebrazo repousa comodamente no reposabrazos.

Esta innovación facilita o traballo, facéndoo máis preciso, á vez que reduce os esforzos de virar o volante e mellora a comodidade de traballo, xa que o operador traballa de forma moito máis relaxada. Especialmente nas longas xornadas de traballo, alivia a carga e permitelle aos operadores prestar máis atención á calidade de picado.