A alternativa de Semillas LG ante a prohibición do Mesurol

A alternativa de Semillas LG ante a prohibición do Mesurol

Desde o pasado 3 de abril de 2020 quedou prohibido o uso da materia activa metiocarb 500g/l (Mesurol® 500 FS), lembran desde Limagrain Ibérica. Neste sentido, a empresa propón solucións alternativas para a protección dos cultivos fronte aos ataques de paxaros e vermes de chan, principalmente.

A oferta de sementes coa que conta a marca LG inclúe a única materia activa autorizada como repelente de paxaros, ziram 420 g/l (Korit® 420 FS), e a materia activa teflutrina 200 g/l (Force® 20 CS), cuxa acción se dirixe principalmente a vermes de chan (verme de arame, verme branco, etc.)

Semillas LG suma a eficacia de Force cos seus bioestimulantes Starcover aplicados á semente, que permiten unha aceleración da nacenza e o desenvolvemento das plantas e reducen o período de exposición aos paxaros nos estadíos máis sensibles (ata 4-5 follas), onde se producen máis do 95 % dos ataques.

Desde Limagrain Ibérica lembran a importancia de utilizar os produtos fitosanitarios de forma segura, lendo sempre a etiqueta e a información de cada produto antes do seu uso.

Nesta ligazón atopará toda a información de contacto e as recomendacións que Semillas LG elaborou para cada provincia: https://www.lgseeds.es/covid19.