KWS, investigación continua ao servizo do cultivo do millo

Desde a súa fundación en 1856 en Klein Wanzleben (Alemaña), KWS foi fiel aos seus principios: tradición, contacto coa terra e fitomelloramento eficaz. A día de hoxe, a multinacional está presente en máis de 85 países e dá traballo a uns 6.000 empregados, dos que 2.100 o fan na área de investigación e desenvolvemento. Neste departamento, a compañía inviste cada ano o 17 % da súa facturación co obxectivo de proporcionarlles aos agricultores as variedades que cumpran exactamente cos seus requisitos.

No número 30 de Vaca Pinta, Santiago Felizia, mánager de KWS para España e Portugal; Ángel Blanco, delegado comercial de KWS para a zona noroeste da península ibérica, e Antón Balado, da empresa Agricampo, distribuidora de KWS na provincia de Lugo, abordan as novas liñas de investigación que se están levando a cabo e comentan as variedades destacadas para silo.