Kuhn presenta a nova serie VB 3200 de empacadoras de cámara variable

Kuhn presenta a nova serie VB 3200 de empacadoras de cámara variable

Kuhn presenta, coa serie VB 3200, catro modelos con novas características e amplas opcións de configuración. Con este lanzamento, a compañía busca satisfacer as necesidades dun público obxectivo máis variado.

Os dous modelos máis atractivos para empresas e grandes explotacións serán VB 3260 e VB 3290, deseñados para ofrecer versatilidade e un rendemento e rendibilidade óptimos. Estas empacadoras contan cunha capacidade un 10 % maior que os modelos VB 3160 e VB 3190 pola súa nova opción progressive density plus, que se trata dun sistema opcional de aumento da presión que permite unha densidade un 10 % maior en forraxes secas. Cabe destacar tamén destas máquinas que teñen unha vida útil prolongada.

Por outra banda, ofrécese para as medianas explotacións os novos modelos VB 3255 e VB 3285. Estas empacadoras están deseñadas a medida para agricultores que busquen unha máquina multifuncional e sólida que sexa fácil de manexar. Dispoñen de nova pantalla, do sistema progressive density plus e dun sistema de lubricación automática da cadea. Ademais, contan cun rodete limpador extra na cámara de empacado.