Kuhn lanza ao mercado unha gama de apeiros mecánicos para o control de malas herbas

Kuhn lanza ao mercado unha gama de apeiros mecánicos para o control de malas herbas

A tendencia cara a un uso máis racional pero tamén máis restritivo das pesticidas está a levar aos agricultores a buscar solucións alternativas ecolóxicas para escardar as grandes extensións de cultivos. Para satisfacer estas necesidades, Kuhn completa a súa gama de protección de cultivos ofrecendo, ademais de solucións de laboreo superficial e pulverización, unha gama de apeiros mecánicos para o escardado.

Esta última estará composta por cultivadores binadores Rowliner de 6 a 12 fileiras e grades de púas flexibles Tineliner cunha anchura de traballo de 6 a 12 m. Por outra banda, as aixadas rotativas Starliner introduciranse no mercado en 2025.

A marca presentará toda esta nova gama en Hannover, na próxima Agritechnica 2023.