A compañía Kuhn Ibérica amplía a familia Lexis coa aparición de Lexis 3800. Este novo modelo, cunha capacidade nominal de 3.800 litros, completa os superiores da gama e conserva as principais características que lles validaron a súa actual reputación. Tamén incorpora unha serie de novidades, entre elas, unha nova identidade visual cun depósito de cor gris.
Incluso cos seus 4.000 litros de capacidade real, o Lexis 3800 é compacto, cunha lonxitude máxima de 6,90 metros e unha anchura total de 2,55 metros. Tamén é lixeiro, cun peso en baleiro de pouco máis de 3 toneladas grazas sobre todo ás súas barras de aluminio de ata 28 metros. Cabe destacar que mediante o axuste Manuset con 2 válvulas manuais ou a versión Diluset + para a xestión asistida de enchido e a dilución dos volumes residuais, Lexis é ante todo sinxelo pero eficaz.
Grazas ao seu deseño e á forma do depósito, o centro de gravidade do Lexis 3800 é agora máis baixo, o que garante unha boa estabilidade e, a maiores, esta máquina asegura un bo seguimento das rodas do tractor. Por último, a precisión e a conectividade son outros dos atributos que dende a compañía destacan deste modelo. Trátase dunha máquina económica, sen por iso renunciar á produtividade nin a un traballo de calidade. Lexis 3800 estará dispoñible este ano en cantidades limitadas.