Kuhn Ibérica celebrou o seu 20.º aniversario coa rede de concesionarios

Kuhn Ibérica celebrou o seu 20.º aniversario coa rede de concesionarios

A filial española de Kuhn, empresa líder mundial en maquinaria agrícola, celebrou o 31 de agosto a súa traxectoria logo de 20 anos en activo na sede da entidade en Francia xunto coa súa rede de concesionarios baixo o lema "20 anos xuntos". O evento iniciouse no emblemático edificio do grupo Kuhn Center For Progress.

Jürgen Dycker, responsable de Exportación da Península Ibérica e Latinoamérica; José Lafuente, director xeral de Kuhn Ibérica; Rolf Schneider, vicepresidente de Vendas e Marketing do grupo Kuhn, e Fernando Cuervo, xefe de Vendas e Marketing de Kuhn Ibérica, expuxeron a traxectoria da filial e agradeceron á rede a súa predisposición, proximidade e coñecemento das necesidades reais do cliente final que axudaron á marca a manter o seu compromiso co agricultor para lograr o maior rendimiento das súas máquinas.

Durante o evento, tamén tivo lugar o nombramento de Fernando Cuervo como novo director xeral de Kuhn Ibérica. Posteriormente, realizáronse visitas a diversos espazos pertencentes ao grupo: Kuhn Parts, Kuhn MGM e Kuhn Saverne. A xornada rematou cunha demostración en campo de novas máquinas entre as que se puideron ver segadoras, un henificador, fileiradores e unha rotoempacadora.

Hai 20 anos que se inaugurou en Daganzo (Madrid) a unidade de distribución de Kuhn en España. Hoxe en día, Kuhn Ibérica, dende a súa sede en Huesca, segue introducindo innovacións tecnolóxicas en todo o territorio, permitindo aos agricultores incrementar a produtividade e eficiencia das súas explotacións e ofrecendo un servizo guiado. Dende a apertura da filial no ano 2003, entregáronse un total de 25.000 máquinas.