Kuhn, galardoado con dous premios Eima á innovación

Kuhn, galardoado con dous premios Eima á innovación

Kuhn foi distinguido nos Premios Internacionais de Innovación Eima, un evento previo á feira internacional de maquinaria agrícola máis importante de Italia, que se celebrará en novembro en Bolonia. 

O fabricante foi recoñecido pola súa tecnoloxía smart soil technology (SST), utilizada nas grades de discos independentes Kuhn Optimer de 6 e 7,5 m para convertilas en máquinas Isobus. Ademais, gañou outro galardón pola automatización de empacadoras, presente nas rotoempacadoras de cámara variable VB da serie 7100. 

O desenvolvemento SST ofrece unha maior comodidade con axustes xestionados na súa totalidade dende a cabina. Tamén brinda unha mellor calidade do arado de restrollos, cunha profundidade controlada sen solapamentos, en todas as tipografías de campo. A máquina adáptase continuamente ao solo, polo que reduce o consumo de combustible. 

A empacadora VB da serie 7100 convértese no primeiro tipo de empacadoras con control de seccións do mundo en estar equipadas cun pick-up automatizado por GPS. Entre as funcións, inclúe o tractor implement management, que permite a detención automática do tractor cando a cámara de empacado está chea, durante o atado ou en caso de bloqueo. Ademais, posibilita de maneira automática o desbloqueo total da empacadora, a descarga de pacas ou a limpeza das coitelas. 

Ambas novidades consideráronse mercedoras de tal recoñecemento polo seu alto grao de tecnoloxía, nivel de innovación e a súa capacidade para facer máis eficaz e eficiente o traballo no campo.