Krone e Amazone, no top 3 do ranking de Agri Experts

Unha recente investigación de mercado levada a cabo por Agri Experts sitúa a Krone e a Amazone -importadas en exclusiva por Farming Agrícola para a península ibérica- no top 3 das marcas máis populares de maquinaria agrícola. O estudo levouse a cabo telefonicamente e on-line durante setembro de 2019 e incluíu a máis de 800 agricultores e gandeiros.

Os aspectos máis valorados polos enquisados para situar a Amazone e a Krone na segunda e a terceira posicións, respectivamente, foron a relación calidade-prezo, os avances tecnolóxicos de ambas as marcas e a durabilidade das súas máquinas

Nota de prensa de Farming Agrícola