Co inicio de curso, Krone presenta unha serie de innovacións nos seus produtos. Por unha banda, lanza a Big X 1180, a picadora de forraxe máis potente do mundo. O novo buque insignia da empresa amplía a actual gama de picadoras de forraxe Krone BiG X 680, 780 e 880, resaltando o compromiso da compañía coa excelencia duradeira no tempo. Doutra banda, introducen no mercado a caixa de control Krone SmartConnect con funcionalidade de rexistro automático. O sistema carga os datos da parcela de forma automática para que os operadores só teñan que ocuparse de traballar. Unha vez rexistrados, os datos transfírense rápida e facilmente á oficina para a súa xestión. SmartConnect con funcionalidade de rexistro automático é agora unha especificación de serie en todos os modelos das series BiG X 680/780/880/1180.
Xunto coa nova BiG X 1180, Krone tamén presenta a nova gama de cabezales de millo XCollect, que vén sumarse á xa probada gama de cabezales EasyCollect. Desta maneira, a compañía responde as necesidades dos seus clientes e ás diferentes condicións de recolección no mundo.
Ver nota de prensa de Big X 1180