Krone amplía a súa gama de restrelos fileiradores

O Swadro TC 1250 con descarga central de Krone –marca importada por Farming Agrícola en España e Portugal– é o novo restrelo para os agricultores máis profesionais que buscan un modelo sinxelo. Isto resúmese na sinxeleza e a facilidade de uso deste novo modelo, sen electrónica. Este novo restrelo ten un ancho de traballo de 9,80 a 12,50 metros.

A potencia do tractor transmítese de maneira mecánica mediante unha transmisión desprazable patentada e unha liña de accionamiento directo que asegura que non se perda potencia. O accionamiento máis que probado Krone Easy-Line destaca polo seu excelente funcionamento. Os rotores frontais traballan a maior velocidade que as unidades traseiras, esparexendo o material en fileiras uniformes e esponxosas de 1,40 a 2,20 metros.

Os rotores dianteiros, de 3,30 m de diámetro, contan con 11 brazos de púas. Os rotores traseiros, de 2,96 m de diámetro, contan con 13 brazos de púas. O número de púas é de 22x4 no rotor frontal e de 26x4 no rotor traseiro.

Máis información na nota de prensa difundida pola compañía