KERSIA lanza o novo Biotin +

O pasado 3 de abril, Kersia reuniu en Benavente a uns 55 distribuidores e técnicos de España e Portugal para presentar o novo produto Biotin +.

A versión mellorada do recoñecido Biotin supón unha maior achega en oligoelementos e vitaminas. Ademais, ten unha aplicación máis sinxela, cun deseño adaptado ao lanzabolos Hydiet, e mantén os mesmos obxectivos: partos fáciles, tenreiros sans e mellor fertilidade.

Tal e como asegura Javier González, responsable de mercado da gama Hydiet en Kersia para España e Portugal, « Biotin + supón un avance na prevención dos problemas relacionados co período de transición na vaca leiteira. Actúa antes do parto favorecendo o desenvolvemento fetal e a calidade do calostro e despois do parto mellorando a fertilidade, os índices produtivos e fortalecendo os pezuños ».

Aproveitando o evento, Pedro Blanco, director comercial da División Gandería, informou os asistentes sobre a nova planta que acaban de abrir en Estella (Navarra) e presentou o grupo Kersia.

Comunicado da empresa