Kemper entra no negocio dos procesadores de gran

Kemper entra no negocio dos procesadores de gran

A empresa Maschinenfabrik Kemper –cuxos produtos son importados en exclusiva por Durán Maquinaria para todo o territorio nacional– ofrecerá no futuro procesadores de mazarocas e rodetes de recambios de diferentes marcas de picadoras de forraxe despois de asinar un acordo estratéxico coa empresa estadounidense Scherer Inc.

Scherer producirá os novos procesadores segundo as especificacións de deseño de Kemper. Todos os compoñentes serán producidos para Kemper en dimensións métricas e estarán sometidos a estritos controis de calidade. Os procesadores distribuiranse nas cores da marca Kemper baixo a denominación ProfiCrackerTM.

Máis información na nota de prensa difundida por Durán Maquinaria