O doutor en Medicina Veterinaria e membro do equipo de Elanco Juan Cainzos acaba de ser nomeado director técnico da Sección Láctea da compañía, un rol que desempeñará a nivel mundial.
Despois de traballar como veterinario e outros postos técnicos e comerciais en diferentes compañías, Cainzos uniuse a Elanco hai máis de sete anos e nos últimos dous desempeñou o posto de técnico mundial de Marketing en Vacún.
Cainzos conta, ademais, cun posgrao en Estatística en Ciencias da Saúde da Universidade Autónoma de Barcelona.