A marca Joskin acaba de engadir dous novos modelos á súa gama de útiles traseiros: a Penditwist Basic, unha rampla de tubos adaptada á fertilización dos cultivos, e a Pendislide Basic, unha rampla de tubos con patíns para a fertilización das pradeiras.
Ambas as máquinas móntanse moi facilmente, funcionan con autonomía completa e están previstas para as cubas de menor capacidade co fin de ofrecerlles aos agricultores a mesma calidade de esparexemento que a dunha máquina de máis volume para empresas.
Máis información na súa nota de prensa