Xornada online sobre o Lely Astronaut A5 en España

Lely Center Los Corrales, xunto a Lely Center Ávila e Lely Center Aizoain, ofrecerá o próximo 4 de xuño unha charla web sobre o Lely Astronaut A5 en España. Darase conta do número de robots funcionando no país, analizaranse os seus datos e mesmo se conectará en directo con granxas de Navarra, Ávila e Galicia.

Todos os interesados en asistir poden contactar co equipo a través da páxina de Facebook de Lely Center Los Corrales.