Xornada de visita a El Carrizal e ás instalacións de José María Díaz Cobos

Durante o día de portas abertas, que resultou un éxito total, un nutrido grupo de clientes habituais e futuros puideron gozar dunha visita completa para descubrir a filosofía de traballo da distribuidora, así como as características dos produtos de GEA. Máis en Vaca Pinta 45.

A distribuidora oficial de GEA José María Díaz Cobos, situada en Pozoblanco (Córdoba), organizou o venres 19 de abril unha dobre xornada de portas abertas na que os asistentes puideron visitar a súa nave e tamén a gandería El Carrizal, equipada con dous robots de muxido e outros produtos da marca.

José María Díaz Cobos agradeceulles a todos os gandeiros a confianza nos seus servizos e destacou que o evento tiña como obxectivo principal que os clientes coñecesen as súas instalacións desde dentro. Concordou con José Luis Sánchez, delegado comercial de GEA no sur de España, que apuntou que esta xornada estaba deseñada para “estar coa nosa xente, coa que traballamos todo o ano e que nos coñece de toda a vida”.

Tanto o delegado de posvenda de GEA no Valle de los Pedroches, Juan Alpiste, como o responsable de vendas de GEA Farm Technologies, Víctor Jorge, aludiron á calidade humana do distribuidor cordobés, así como á facilidade de traballar con eles na posvenda. Ambos fixeron fincapé, así mesmo, na importancia de ter preto persoas de confianza á hora de instalar robots e outra maquinaria nas granxas.