Xornada de formación en vacún de Leite no Colvet de León

Xornada de formación en vacún de Leite no Colvet de León

O xoves día 4 de abril celebrouse unha xornada de formación organizada por Laboratorios Ovejero e Uniform-Agri e patrocinada por LeonVet no Colexio de Veterinarios de León na que se abordaron diferentes temáticas enfocadas á mellora da xestión e á prevención en vacún de leite.

Á xornada asistiron numerosos veterinarios colexiados que gozaron dos relatorios de Almudena Molinero (técnica veterinaria de Uniform-Agri),  Sergio R. Pedrouzo (técnico veterinario especialista en rumiantes de Laboratorios Ovejero)  e Francisco Nieto (director do CIDSA de Laboratorios Ovejero).

Molinero centrou os seus 2 relatorios na ferramenta Uniform-Repro, un software avanzado de xestión das explotacións que axuda a veterinarios e gandeiros a maximizar a eficiencia e eficacia dos seus traballos no día a día das ganderías que operan. Pedrouzo fixo participes aos presentes dos beneficios do uso da inmunoterapia en calidade leite e reprodución como alternativa para reducir e optimizar o uso de antibióticos e frear a proliferación das resistencias aos antimicrobianos. Finalmente, Nieto explicou ao público as achegas do CIDSA como laboratorio de analíticas e produción de autovacinas integrado en Laboratorios Ovejero.