Xornada de formación de Alba ST en Melide

A empresa Alba ST celebrou onte unha xornada de formación do seu equipo comercial no Hotel Carlos 96 de Melide (A Coruña).

O curso correu a cargo do equipo técnico de Albaitaritza e os temas tratados foron moi diversos: actualización e novidades dos programas de axuste Conafemat, de Conafe, e Chromosomal mating, de Sexing Technologies; repaso ás probas xenómicas de Genetic Visions, e proxectos e futuros desafíos no mundo xenético.

O equipo comercial de Alba ST mostrou un grande interese e disposición para afrontar os desafíos que a xenética vai presentar no futuro.