Joaquín Peinado, novo director xeral de Trouw Nutrition España

Joaquín Peinado desempeñou cargos de director comercial e de marketingen empresas como Purina e Cargill e nestes últimos anos liderou exitosamente os equipos comerciais e de mercadotecnia do negocio de venda de pensos compostos e valor engadido do grupo Nutreco en España.

O enxeñeiro agrónomo e executive MBA IE posúe unha dilatada experiencia en xestión de equipos, liderado e maximización do beneficio e os resultados cunha clara orientación ao servizo ao cliente. Joaquín asume o posto de director xeral de Trouw Nutrition e substituirá a Remco van Reenen, que deixa o cargo tras seis anos. Despois de facer unha profunda transformación do modelo de negocio e de potenciar o traballo en equipo, que melloraron os resultados, Remco asumiu a Dirección Global do negocio de Feed Additives de Trouw Nutrition a nivel mundial, entrando a formar parte do Trouw Nutrition Leadership Team.