Jaime Alcañiz, novo director de Márketing e Estratexia de De Heus España

De Heus Nutrición Animal anuncia o nomeamento de Jaime Alcañiz Aliseda como novo director de Márketing e Estratexia de De Heus España. Alcañiz ocupaba ata o de agora o posto de xefe de Produto Distribución na compañía e desde hoxe mesmo pasará a liderar a área de Márketing e Estratexia a nivel nacional, ademais de pasar a formar parte do Comité Executivo, reportando ao director xeneral de Iberia, Jean-François Honoré.

É licenciado en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid e completou a súa formación cos cursos de doutoramento na Universidade de Córdoba, un Máster na Universidade Autónoma de Barcelona e posgraos en Business Leadership na Universidade de Tilburg (Holanda) e mercadotecnia dixital. Con máis de 20 anos de experiencia no sector, Jaime Alcañiz desenvolveu o seu labor profesional en diferentes empresas de nutrición animal como Brill, Nutral e Covap. Ademais, achega unha traxectoria a nivel internacional como xefe de produto en empresas de aditivos como Norel e Tolsa. Antes de unirse a De Heus, en setembro de 2017, traballou no departamento de compras de leite en Danone.

"Afronto o reto con moita ilusión e cunha gran confianza nos equipos de profesionais que compoñen De Heus. Continuaremos traballando moi preto dos gandeiros para achegar solucións nunha contorna difícil debido ao aumento dos custos de produción. A sostibilidade e a innovación seguirán sendo os principios para achegar valor ao sector, a través do asesoramento aos gandeiros e a resposta ás súas necesidades", destaca Jaime Alcañiz.