Intercambio de datos de saúde podal entre UNIFORM-Repro e a app Hoof Manager

Recentemente as empresas ANKA Cuidado de Pezuñas e UNIFORM-Agri estableceron unha colaboración para facilitar a xestión de datos, a análise e o seguimento da saúde podal nas ganderías.

Desde o programa de xestión de rabaños UNIFORM-Repro é posible intercambiar datos con aplicacións de saúde podal utilizadas polos recortadores de pezuños. Esta funcionalidade é unha ferramenta máis para axilizar a entrada de datos ao programa, en lugar de ter que introducir manualmente todas as revisións e tratamentos realizados na visita do podólogo. Con ela impórtase todo á vez desde un único arquivo, xerado de forma moi sinxela pola app do podólogo.

Tamén é posible exportar datos esenciais desde o programa de xestión á app de saúde podal para manter os datos do técnico actualizados en cada visita.

Este intercambio de datos estaba habilitado para programas de Norteamérica e Reino Unido e, desde hai unhas semanas, tamén en España para a app Hoof Manager, utilizada por todos os técnicos do grupo ANKA.

Coa utilización desta ferramenta, o manexo dos datos de coxeiras e das revisións para recorte preventivo etc. será moito máis sinxelo e rápido.