Innovabio, a gama completa para a agricultura ecolóxica de Timac Agro, foi recoñecida co Premio Produto Sustentable. Este galardón entrégao anualmente a Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Navarra durante os Premios Sustainable Company. Este premio, que recoñece o impacto positivo da gama Innovabio na produción sustentable de alimentos e a súa contribución a mitigar o cambio climático, reflicte unha das apostas principais da empresa, comprometida dende os seus inicios coa nutrición vexetal sustentable, rendible e produtiva.
"Para que a agricultura ecolóxica sexa unha realidade é necesario conseguir boas producións, e ese é o afán de Timac Agro", sinalou o director xeral da compañía en España, Ricardo Llátser, durante o acto. Tamén subliñou que este recoñecemento incentiva á empresa a "seguir coa filosofía de innovación que a guía desde hai máis de 60 anos". Por último, destacou que a gama premiada foi desenvolta grazas ao esforzo conxunto de todo o equipo de Timac Agro.