Inmunoexpert, de Boehringer Ingelheim, regresa cunha homenaxe ao catedrático Valentín Pérez

Inmunoexpert, de Boehringer Ingelheim, regresa cunha homenaxe ao catedrático Valentín Pérez

Boehringer Ingelheim presenta unha nova edición de Inmunoexpert, que volve como Inmunoexpert Valentín Pérez, en memoria do catedrático de Veterinaria da Universidade de León.

Esta iniciativa parte da compañía coa intención de formar aos seus profesionais e facilitar o seu traballo diario. É un curso de inmunoloxía aplicada á produción de ruminantes e de porcino, ao cal poderán asistir veterinarios con experiencia en campo.

Diversos expertos serán os encargados de impartir charlas que se desenvolverán nun formato híbrido: de forma presencial en Zaragoza do 3 ao 5 de xullo, de maneira virtual o 20 de setembro e, en León, do 2 ao 4 de outubro.