InLac pon en marcha unha campaña sobre o sector lácteo xunto coa UE

A Organización Interprofesional Láctea (InLac) presenta unha campaña de información cofinanciada pola Unión Europea (UE) baixo o lema "conta cos produtos lácteos europeos" para poñer en valor a sustentabilidade do sector lácteo, así como os valores nutricionais e saudables do leite e os produtos lácteos. 

O presidente de InLac, Ignacio Elola, presentou esta iniciativa na sede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, onde Planas sinalou a importancia que ten a interprofesional para defender os intereses comúns de toda a súa cadea de valor, e o papel crave que desempeña na súa ordenación e vertebración. 

Estiveron acompañados por distintas personalidades como Rosario Redondo, vicepresidenta de COAG, ou Fernando Estellés, subdirector do Departamento de Ciencia Animal no Instituto Universitario de Ciencia e Tecnoloxía Animal. 

Ademais, durante a conferencia de prensa presentáronse os resultados da “análise de posicionamento dos produtos lácteos europeos” realizado por Ikerfel, que establece nos seus resultados que o 72 % do total da poboación declara coñecer que a cantidade diaria recomendada de produtos lácteos é de 3 ao día e ao redor de dous terzos da poboación non consome esa cantidade.

Este programa europeo de produtos lácteos sostibles (“Sustainability friendly European dairy proram”) inclúe accións en España e Bélxica ata 2024 cun orzamento de 2,2 millóns de euros.