ICL demostra no campo a eficacia do seu programa integral para millo

O programa de abonado integral de ICL para o cultivo de millo consiste na aplicación de tres produtos: Agromaster, con tecnoloxía de encapsulado E-Max; Agromaster Start Mini, con tecnoloxía Poly-S, e o abono foliar Agroleaf Power, con M-77. Podemos confirmar con seguridade a súa eficacia tras os ensaios realizados nestes últimos tres anos en leiras de millo para forraxe en Galicia.

Resumo de recomendacións

Na sementeira, recomendamos aplicar Agromaster 27-10-10 co 30 % do nitróxeno  encapsulado con E-Max, de 3-4 meses de lonxevidade, a 500 kg/ha, así como o fertilizante starterAgromaster Start Mini 21-21-5, co 40 % do N encapsulado e tecnoloxía Poly-S, a dose de 30 kg/ha e aplicado preto da semente.

Ás poucas semanas, hai que botar o herbicida mesturado cun abonado foliar, Agroleaf Power 31-11-11, a dose de 4 kg/ha, que axuda a que a planta salga antes da tensión provocada polo herbicida e a que este actúe con maior eficacia sobre as malas herbas.

Tecnoloxías E-Max e Poly-S

ICL conta cunha ampla experiencia na fabricación de encapsulados para crear produtos cun tempo de liberación moi preciso, que se indica en cada un deles. Así, o fertilizante Agromaster utiliza a tecnoloxía  E-Max, que é de liberación controlada e consiste nunha cuberta de polímero que mellora a utilización eficiente do nutriente. A liberación dos nutrientes baséase na humidade e na temperatura, que ofrecen valores de lonxevidade predicibles e reducen a cantidade de nitróxeno que se libera ineficazmente á atmosfera, os custos de aplicación e os valores excesivos de salinidade prexudiciais para a planta cando se aplica o fertilizante de forma localizada. Ademais, aumenta a seguridade, rendibilidade e eficacia do fertilizante.

Pola súa banda, Agromaster Mini utiliza outra tecnoloxía de ICL, Poly-S, que está baseada nun encapsulado de xofre e un polímero. A liberación do nutriente coa tecnoloxía Poly-S é menos dependente da temperatura e o compoñente de xofre do encapsulado engade valor nutritivo ao produto. Neste cultivo de millo utilizouse Agromaster Mini 21-21-5, a unha media de entre 30 e 50 kg/ha, localizado na zona de sementa. Con iso conseguimos un mellor arranque, independentemente das condicións que teñamos.

Boa sanidade de planta e excelente colleita

Co plan de abonado de ICL puidemos comprobar durante este últimos tres anos o bo estado do millo en todas as leiras, perfecto sanitariamente, con boa cor e sen ningún tipo de carencia. As colleitas foron excelentes, tanto en calidade como en cantidade, todas as espigas obsérvanse a simple vista perfectamente calladas e a báscula dá, de media, 54 toneladas de peso en verde, cun 36,4 % de materia seca.

A eficacia e a rendibilidade da solución integral para millo de ICL quedan novamente demostradas con resultados.