ICL crea AgroPro, un servizo en liña de información nutricional de cultivos

ICL lanzou a comunidade virtual AgroPro, un espazo interactivo de acceso gratuíto para produtores e agrónomos de todo o mundo. Nesta web poderase compartir información e consultar cunha comunidade internacional de profesionais as mellores solucións de protección de cultivos, así como estratexias de fertilización e consellos para optimizar o manexo nutricional de calquera tipo de plantación. Os usuarios só teñen rexistrarse na web de AgroPro para poder mandar as súas preguntas e interactuar cos demais membros.