Humeco organiza un curso sobre ecografía reprodutiva bovina

Humeco organiza un curso sobre ecografía reprodutiva bovina

Os días 26 e 27 de novembro terá lugar na sala de formación de Humeco, en Huesca, un curso centrado na ecografía reprodutiva bovina: Usos do ecógrafo máis aló da ecografía reprodutiva. A formación, de modalidade teórica, será impartida polo doutor en Veterinaria de Bovinevet Giovanni Gnemmi. O experto afondará en varias temáticas: ecografía reproduciva, ultrasonografía pulmonar, ecografía do pezón, ecografía da rexión umbilical do xato e ecografía abdominal. O custo total é de 200 €.

Lembramos tamén que o 28 de novembro se celebrará a XIV Xornada Internacional Científico-Técnica de Reprodución Bovina de Humeco no Palacio de Congresos de Huesca.