Covid-19

Hipra pon a disposición das autoridades parte das súas instalacións e equipos de biotecnoloxía

Hipra pon a disposición das autoridades parte das súas instalacións e equipos de biotecnoloxía

A multinacional de saúde animal Hipra, con sede en Amer (Xirona), chegou estes días a un acordo coas autoridades sanitarias, polo que lles permitirá aos principais hospitais da provincia de Xirona facer uso das súas novas instalacións (preto de 700 m2 de laboratorios provistos da última tecnoloxía en diagnóstico por PCR), axudando así na xestión e obtención de resultados dos tests de coronavirus SARS-CoV-2.

As mostras recibidas chegarán de diversos hospitais da zona e serán tratadas de acordo cos protocolos internacionais e as máis estritas medidas de bioseguridade e biocontención. O persoal dos hospitais, así como diversas startups biotecnolóxicas locais que forman parte deste acordo, desprazaranse ata as instalacións de Hipra e serán quen se encarguen de todo o proceso de análise, mentres que os técnicos da compañía darán soporte co seu coñecemento e experiencia en biotecnoloxía.

Axudando a producir respiradores con impresoras 3D

Por outra banda, a multinacional atópase tamén fabricando pezas mediante impresión 3D para a confección de respiradores, que igualmente se fornecerán aos hospitais da zona.

Máis información no comunicado da compañía