Hipra estrea novo Portal de Cliente na súa web

Hipra estrea novo Portal de Cliente na súa web

Hipra pon a disposición de todos os seus clientes unha área privada para acceder a información relevante dos seus servizos dixitais de maneira rápida e cómoda desde a sección Portal de Cliente da páxina web da compañía www.hipra.com.

Os clientes de Hipra poderán consultar nun formato visual e sintético os principais datos e indicadores de HIPRA link Vaccination, HIPRA link Diagnos e futuros servizos, que lle axudarán a tomar decisións oportunas en materia de prevención en saúde animal. Ademais, poderán acceder a cada un dos servizos para obter información máis detallada.

A plataforma foi concibida para que o usuario poida resolver dúbidas e consultas rapidamente a partir das preguntas frecuentes, formularios de contacto e/ou contactando directamente co equipo comercial e de servizo técnico segundo a súa zona xeográfica.

Máis información no seu comunicado