Hipra celebrou a finais de setembro unhas xornadas técnicas sobre a síndrome respiratoria bovino

Hipra celebrou a finais de setembro unhas xornadas técnicas sobre a síndrome respiratoria bovino

Os días 27 e 28 de setembro, Hipra levou a cabo dúas xornadas técnicas sobre a síndrome respiratoria bovino. A primeira foi en Lugo e a segunda tivo lugar en Soto del Barco (Asturias). Ambos os eventos reuniron a máis de cen veterinarios, na súa maioría de Galicia e Asturias, aínda que tamén acudiron profesionais doutras rexións do norte de España.

O elevado número de asistentes confirma a crecente preocupación que esta enfermidade suscita entre os profesionais do sector, dadas as importantes perdas económicas que causa, tanto na produción de leite como de carne. Ademais, a síndrome respiratoria é a causa dunha parte importante dos tratamentos antibióticos que se aplican nas ganderías. A prevención da enfermidade, para reducir a súa incidencia, é un dos maiores retos aos que se enfrontan os técnicos que asesoran as granxas de gando vacún.

Pere Ordis, responsable dos Servizos Técnicos de Ruminantes de Hipra España; Joan Pineda, veterinario clínico e asesor de explotacións de carne; Marcelo das Heras, catedrático de anatomía patolóxica na Universidade de Zaragoza, e Iván Mato, veterinario dos Servizos Técnicos de Hipra, foron os expertos que participaron no encontro a través de diferentes exposicións e charlas.

Debido ao alto grao de interese observado e continuando con esta liña de traballo, e coa vontade de reforzar novamente o compromiso co sector produtor de bovino en España, Hipra programará novas actividades de formación no campo da enfermidade respiratoria, que se organizarán para os próximos meses.