Hipra define como “grande éxito” a súa participación no WBC de Madrid

O Palacio Municipal de Congresos de Ifema foi a sede do WBC máis concorrido ata a data, coa presenza de máis de 3.000 delegados procedentes de 74 países. Baixo a lema 'Health Centricity', que abanderou toda a actividade semanal de Hipra, tiveron lugar diversas sesións da Hipra University nas que se abordaron temas como a redución de antibióticos, o papel da vacinación ante escenarios de erradicación de IBR ou o impacto económico positivo da vacinación contra a mastite, entre outros. Así mesmo, un elenco de expertos en inmunoloxía bovina participou nunha sesión onde se presentou a versión dixital de 'Inmunidade Bovina', o libro de consulta para o veterinario de campo publicado por Hipra este ano.

Máis aló da actividade no Congreso e nunha caseta que se encheu os tres días fortes, Hipra organizou tres eventos en Madrid, entre os que destacou ‘Meet the beef’. Nel, un equipo de expertos carniceiros e investigadores explicaron, de forma didáctica, amena e divulgativa, o proceso de maduración da carne de vacún e como se confiren as súas propiedades organolépticas. Unha visita privada ao Museo Reina Sofía con cea incluída e un evento final puxeron o broche de ouro á semana.