Haifa Group presenta unha nova gama de suplementos nutricionais para as plantas, HaifaStim™

HaifaStim™ coida de todo o desenvolvemento da planta e refórzaa mecánica e fisioloxicamente, complementando os xa coñecidos nutrientes vexetais do grupo para axudar os agricultores a obter os mellores rendementos.

Haifa Group, provedor mundial de fertilizantes de especialidade, lanza unha nova gama de bioestimulantes. A gama HaifaStim™ está composta por produtos coidadosamente formulados para mellorar o ambiente da planta e favorecer os procesos fisiolóxicos de crecemento. Preséntanse sete produtos na primeira fase, que responden a condicións e funcións específicas da planta. A gama HaifaStim™ inclúe produtos que melloran a estrutura do chan e a actividade das raíces, fortalecen a planta, facilitan a absorción de nutrientes e aumentan a resistencia ás situacións de estrés. Todos os produtos proceden de materiais orgánicos, e a maioría deles son aptos para a agricultura ecolóxica.

Información complementaria na nota de prensa emitida por Haifa Group