Grupo Lence supera os 284 millóns de facturación en 2024

Grupo Lence supera os 284 millóns de facturación en 2024

O Grupo Lence alcanzou o ano pasado os 284,77 millóns de euros de facturación, o que representa un aumento do 9,53 % respecto ao 2023.

"Logramos dobrar a facturación tras cinco anos de traballo. Agora buscamos repetir a fazaña e este é o primeiro paso. En cinco anos queremos volver dobrar a facturación, ao tempo que seguimos xerando emprego e riqueza para a contorna e para o rural de Galicia", destacou Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence.

Ademais, a empresa medrou nos seus indicadores de rendibilidade, cun resultado de explotación de 22 millóns de euros, que representa un incremento do 68,95 % en comparación co exercicio anterior.

Ao peche de 2024, a compañía contaba con máis de 220 empregados directos nas súas plantas de Lugo e Arteixo (A Coruña). No ámbito dos investimentos, os plans, a tres anos vista, pasan por ampliar a gama de produtos Optimilk e expandir as liñas de produtos xa existentes en novos formatos. Paralelamente, analizan vías para expandirse en novos canais e mercados.