O Grupo Lence uniuse ao proxectoTodos Contra el Cáncer, impulsado pola Asociación Española Contra o Cancro, firmando un manifesto co que se comprometen a colaborar para alcanzar a taxa do 70 % de supervivencia da enfermidade no ano 2023.
O acto celebrouse o pasado xoves na sede da compañía galega en Lugo, coa participación de M.ª Luz Abella, presidenta na cidade da AECC, y e de Carmen Lence, CEO do Grupo Lence.
Con esta firma, a empresa leiteira comprométese coa causa, poñendo foco en fomentar hábitos de alimentación saudables para previr a posibilidade de desenvolver un cáncer. Abella destacaba que "o feito de que 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terá cancro ao longo da súa vida, fai que sexa crucial traballar en aumentar a taxa de supervivencia e alcanzar o obxectivo do 70 %. Con todo, non podemos logralo sós; é vital que compañías como Grupo Lence se unan á causa, demostrando así o seu compromiso social e apoio constante á prevención".
Carmen Lence destacaba que para todos os membros da empresa é un orgullo formar parte desta iniciativa, e que dende que Grupo Lence sempre están buscando crear un impacto positivo na súa contorna.