O Grupo Lence foi galardoado co "Premio Nova Imaxe do Envellecemento" pola Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG) no 64º Congreso Nacional da SEGG. Este premio recoñece a campaña "Actitude Río: puro coraxe" de Grupo Lence e a súa marca Leite Río de Galicia por promover unha imaxe diversa e real das persoas maiores, na que se destaca a autonomía persoal e profesional de mulleres empoderadas de todas as idades. Deste xeito, a campaña rompe coa imaxe tradicional do gandeiro home e visibiliza a importancia da experiencia e da adaptación tecnolóxica.
Carmen Lence, CEO de Grupo Lence, empresa familiar galega que se sitúa entre as tres principais recolledoras de leite en Galicia e as oito primeiras en España, expresou a súa gratitude polo recoñecemento. Destacou o esforzo e a paixón do equipo na realización da campaña e engadiu que este premio motiva á empresa a seguir promovendo valores de igualdade, empoderamento e diversidade, así como a continuar sendo activistas do medio rural.