Gorrello: na busca dunha recría mellor e máis rentable

No último número de Vaca Pinta viaxamos ata o lugar de Samagán (Presno, Castropol, Asturias) para visitar a gandería Gorrello, en onde levan medio ano confiando no Programa Prima para recriar a súas xatas. Neste tempo, cóntannos que o aspecto e a saúde da súa recría xa mellorou notablemente grazas, entre outras cousas, a cambios no encalostrado, na fase de destete e nos coidados.