Conafe presenta o vídeo para difundir o proxecto GO-Neowas de Medición de emisións de metano individual en granxa cara unha descarbonización do vacuno leiteiro español en 2050, que posibilitará a recollida de forma sistemática de fenotipos relativos á mitigación da emisión de gases de efecto invernadoiro e a súa inclusión nos obxectivos de selección do vacuno leiteiro; así como a obtención dunha base de datos de alcance nacional no relativo a emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes do vacuno leiteiro. Prevense que se obteñan datos de aproximadamente 3.500 vacas, procedentes de 48 granxas dispostas por todo o territorio nacional.
Na elaboración deste vídeo participaron os xenetistas de Conafe José Antonio Jiménez Montero e Javier López Paredes, ademais do Dr. Óscar González-Recio, investigador do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), Centro Nacional integrado na Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e membro dos proxectos de innovación GO-Neowas e GO-Amsos 360, ademais de colaborador habitual de Conafe en moi diversos proxectos do ámbito da xenética animal.
O vídeo repasa diferentes aspectos do proxecto de innovación GO-Neowas, desde a importancia ambiental e económica das emisións de metano, na que Óscar González-Recio pon en contexto a xustificación deste proxecto. Ademais, Javier López Paredes explica quenes son os membros e cales son os obxectivos do GO-Neowas, así como tamén a forma na que producirá a recollida e análise de datos. Por outra banda, José Antonio Jiménez Montero fai especial énfase na importancia de ter un programa de cría competitivo e nos servizos dos que dispoñen os gandeiros como asociados de Conafe.
Máis información na web do GO-Neowas.