Glòria Abella analiza o papel do asesor veterinario na empresa farmacéutica en Rumiland

Rumiland, podcast sobre a saúde de grandes e pequenos ruminantes promovido por Boehringer Ingelheim Animal Health España, continúa a súa andaina cunha nova entrega.

Glòria Abella, que forma parte do equipo de asesores veterinarios de Boehringer Ingelheim en España, foi a protagonista do último episodio e analizou en profundidade o papel do asesor veterinario na empresa farmacéutica. Abella explica nesta entrega cales son os requisitos que debe cumprir un profesional para acceder a ese posto de traballo, cales son as súas funcións, como gañarse a confianza do veterinario de campo, cal é o valor que lle pode achegar e como cambiou o papel dos técnicos nos últimos anos.

O formato, dispoñible na plataforma Ivoox e que acumula máis de 80.000 escoitas, emítese quincenalmente e conta coa colaboración de expertos de recoñecido prestixio.