GEA sumou en xaneiro tres novos proxectos de muxido por lotes na península

GEA terá operativos dende o próximo verán tres novos proxectos de muxido automatizado por lotes Batch Milking (no total, 24 novos robots) na Rioxa, en Cataluña e en Galicia. Estas granxas súmanse á tendencia na península Ibérica, onde máis dunha decena de ganderías, con máis de 4.000 vacas, xa adoptan este sistema.

Profesionais do sector eloxian as vantaxes deste método, como o control total da granxa, a simplificación do manexo e a redución de persoal, o que promove unha maior eficiencia nas rutinas de traballo.

Unha das granxas que apostou por este método é a galega Tubio Busto SC (contan con préto de 300 vacas en muxido e instalarán 8 boxes este verán), onde destacan que elixiron este sistema pola circulación dos animais, a tranquilidade e a facilidade á hora de xestionar o muxido.

GEA continúa consolidando deste xeito a súa presenza na península, a través dunha carteira de solucións adaptadas ás necesidades específicas de cada granxa, xa sexa con sistemas de muxido automatizado por lotes ou con proxectos de robotización onde o muxido voluntario con tráfico libre, con tráfico semiguiado ou con tráfico guiado encaixan á perfección.