EN VÍDEO

GEA pon en marcha a primeira sala rotativa robotizada de España

A gandería Paulorena Holstein, de Almacelles (Lleida), traballa desde o pasado mes de marzo coa primeira DairyProQ instalada en España, unha sala de muxido rotativa robotizada de 40 puntos coa que chegarán a muxir 1.000 vacas.

Ademais da instalación da sala, GEA desenvolveu o proxecto completo desta granxa catalá no que se deseñou a sala de espera co sistema de limpeza flushing, o empuxador e as portas de postselección; incluíronse o sistema de frío instantáneo, o tanque VCool de 30.000 litros e os colares CowScout para o control das vacas en produción e da recría.

Falamos con Álex Giribet, propietario da explotación, e con Francesc Oliva, xefe de vendas de GEA Farm Technologies Ibérica, para coñecer a fondo o proxecto.

Reportaxe en Vaca Pinta 12