GEA pon en marcha a primeira sala de muxido robotizada en España

A sala rotativa robotizada GEA DairyProQ de 40 prazas empezou a ordeñar o pasado día 19 de marzo na explotación Paulorena Holstein, de Almacelles (Lleida).

O gandeiro Joan Giribet e o seu fillo Àlex, propietarios de Paulorena Holstein, aínda lembran cando na súa visita á feira de Silleda para coñecer os novos robots de GEA o xerente de GEA Farm Technologies naquel momento, Pedro Muñoz, díxolles: "Se muxides 400 vacas e pensades que podedes chegar a 1.000, vós o que tedes que montar é unha DairyProQ".

Despois de visitar robots convencionais de distintas marcas durante máis de 10 anos en varios países do mundo, en 2015 decidíronse pola sala de muxido rotativa robotizada e o pasado día 19 de marzo púxose en marcha. É un proxecto moi ilusionante que culmina agora, despois de case 15 anos visitando explotacións a nivel internacional, co obxectivo de buscar a mellor solución para robotizar o muxido e poder chegar a muxir un total de 1.000 vacas.

As salas rotativas robotizadas son xa unha realidade. Existen importantes referencias en Europa, Estados Unidos e Canadá, con tamaños desde as 28 ata as 80 prazas, que nos marcan o camiño do que sen dúbida vai ser o futuro das explotacións de certa dimensión.

Este proxecto completo realizado por GEA consiste nunha sala rotativa con 40 robots deseñada para muxir perfectamente 1.200 vacas tres veces ao día. Francesc Oliva, director comercial de GEA para esta liña de negocio, e máximo responsable de que este proxecto se materializase con éxito, resalta que "con esta solución temos todas as vantaxes do muxido robotizado e o rendemento e a organización do traballo que se conseguen cunha sala rotativa". 

CLAVES DIFERENCIADORAS
Esta sala permite un rendemento medio real de 200-250 vacas/hora, é capaz de analizar o leite por cuartos (temperatura, condutividade, fluxo de leite, cor etc.) e de determinar se o leite é bo ou malo. Do mesmo xeito que o robot de GEA, é a única máquina robotizada do mercado capaz de separar o leite dos diferentes cuarteiróns e, unha vez analizada, enviala ao desaugadoiro ou ao tanque de leite. Cunha soa colocación e aprobado pola FDA, coloca as tetoeiras, fai pre-dipping e limpeza, despunta e analiza os primeiros chorros por cuartos, moxe e fai o post-dipping. Á análise por cuartos, engadimos actualmente o control de células somáticas mediante o sensor M6850, que fai a análise en continuo sen cortar o fluxo e sen o uso de reactivos nin mantemento do equipo.

Para os apaixonados do sector vacún de leite, esta é, sen lugar a dúbida, a ferramenta que permite conseguir un muxido perfecto cunha garantía de calidade de leite, xa non só vaca a vaca, senón teto a teto.

OUTROS EQUIPOS
O proxecto en Paulorena Holstein completouse coa instalación doutros equipos GEA que favorecen a calidade como o novo Chiller de arrefriado de leite con gas propano, que consegue un alto aforro enerxético e evita os gases fluorados, e un sistema de lavado da sala de espera mediante flushing, de GEA HOULE, que permite un gran aforro de auga. 

Así, GEA continúa fiel ao seu compromiso de ser cada vez máis competitivos no mercado, un obxectivo que tan só cremos que se logrará se pensamos en aforro enerxético, en redución de man de obra e en producir un litro de leite cun menor custo.