Neste contexto, os robots de muxidura GEA convertéronse nunha ferramenta clave para numerosas granxas da comarca, onde a marca conta cunha forte implantación e unha rede de servizo técnico próxima e consolidada. No termo municipal de Dos Torres, cuns 2.500 habitantes e unhas 13.000 vacas en muxidura, GEA está presente en boa parte das explotacións leiteiras, tanto con salas coma con sistemas robotizados.
El Paguillo, Huerta Chica e Niño Bonito son tres exemplos desta evolución. Tres ganderías con traxectorias distintas, pero cun punto en común: todas atoparon na robotización unha forma de liberar o equipo da rixidez da sala, mellorar o control individual dos animais e avanzar cara a unha xestión máis eficiente.
Os tres casos coinciden tamén na importancia do servizo técnico próximo. Para estas ganderías, contar cun distribuidor de confianza, coma José María Díaz Cobos, e con resposta rápida foi determinante á hora de escoller GEA e afrontar con tranquilidade o cambio cara á muxidura robotizada.
EL PAGUILLO
Número total de animais: 300
Vacas en muxidura: 180
Número de robots: 3
Media actual de muxiduras: 2,8
Produción media: 44 kg/vaca/día
Porcentaxe de graxa: 3,80 %
Porcentaxe de proteína: 3,39 %
RCS: 200.000 cél./ml
Por que decidiron dar o paso á muxidura robotizada?
Hai dous anos vimos que o sistema de sala nos levaba moitas horas e cada vez necesitabamos máis man de obra. Se en algún momento fallaba alguén, desestruturábase todo. Queriamos un sistema menos dependente de tanta xente.
Por que elixiron GEA?
Coñeciamos a marca e tamén o distribuidor, que sempre estivo moi preto, e esa seguridade pesou moito. Ademais, o foso é unha gran ferramenta, porque permite acceder á vaca de forma manual cando fai falta. Tamén destaco a separación por cuartos e que a mesma tetoeira faga todo o proceso.
Que cambios notaron?
Mellorou a produción, chegando a alcanzar momentos de 47 kg/vaca, pero, sobre todo, o xeito de traballar.
Seguimos co mesmo número de empregados, pero desapareceu a rixidez da muxidura con sala e agora os horarios son moito máis flexibles. Co volume actual da granxa, temos todo cuberto con dúas persoas e as tarefas son moito máis áxiles.
Creo que ninguén moxe coma o robot. A vaca entra cando quere e todo o proceso se fai coa mesma máquina e de igual forma.
Estamos moi contentos.
NIÑO BONITO
Número total de animais: 340
Vacas en muxidura: 160
Número de robots: 3
Media actual de muxiduras: 3,10
Produción media: 46 kg/vaca/día
Porcentaxe de graxa: 3,70 %
Porcentaxe de proteína: 3,30 %
RCS: 200.000 céls./ml
Por que tomou a decisión de robotizar a muxidura?
Entre 2023 e 2024 empezamos a cuestionárnolo pola escaseza de man de obra e porque as vacas tiñan un potencial ao que non estábamos chegando. Con dúas muxiduras había animais que podían dar moito máis leite. Ao pasar a tres, catro ou cinco muxiduras, ese potencial aprovéitase mellor.
Por que elixiu GEA?
O motivo principal foi o servizo técnico. Levabamos traballando coa mesma casa, con José María Díaz Cobos, desde hai moitos anos e nunca nos fallou. Levantabamos o teléfono e estaban aquí.
Ademais, do robot gustounos moito a separación por cuartos e o foso, que permite acceder ao ubre.
Que resultados conseguiu?
O aumento de produción foi duns seis quilos por vaca, ata producir unha media de 46 quilos, e chegamos a 3,10 muxiduras de media. Muxindo unhas 20 vacas menos que en sala, estamos conseguindo máis leite.
Que mudou na súa vida diaria?
Cando probas a muxidura con robots, esquéceste da sala. Temos máis tempo libre, descansamos máis e non ter que muxir é outro mundo. As seis horas diarias que antes se ían en muxir agora destínanse a outras tarefas. Tamén mellorou a conciliación familiar. Agora, estou máis presente en actividades dos nenos e gozo máis da familia.
HUERTA CHICA
Número total de animais: 268
Vacas en muxidura: 140
Número de robots: 2
Media actual de muxiduras: 3
Produción media: 45,4 l/vaca/día
Porcentaxe de graxa: 3,60 %
Porcentaxe de proteína: 3,33 %
RCS: 70.000-90.000 céls./ml
Por que decidiu robotizar a muxidura?
Hai dous anos tivemos un problema de persoal. Marchou un dos traballadores e non atopabamos a ninguén para cubrir ese posto. Entón pensei que era o momento de facer un cambio. Robotizámonos e agora funcionamos estupendamente.
Por que elixiu GEA?
Eu xa levaba moito tempo traballando con GEA. Tiña programas e colares, case todo era de GEA. Faltábanme só os robots. Ademais, o servizo que temos aquí é bo e esa experiencia levoume directamente a elixilos.
Ademais, gústame moito a posición das tetoeiras e como traballa cada cuarto. A mesma tetoeira tira os primeiros chorros, limpa, desinfecta, moxe e sela. Creo que é a mellor solución para limitar contaxios ou infeccións entre cuartos.
Que cambios observou desde a posta en marcha?
Moitos e moi positivos. Subimos en calidade do leite, en benestar animal e en produción. Chegamos a producións de tres díxitos en vacas concretas, algo que eu nunca vira en sala. É un cambio que, ao principio, pode parecer complicado, pero cos días compensa. Creo que tiña que telo posto catro ou cinco anos antes.
A nosa calidade de vida tamén cambiou moitísimo. Agora, pola mañá, vimos dúas horas máis tarde e, pola tarde, só veñen dúas persoas que, ás sete, ou mesmo antes, xa están na casa.
Que implantación ten GEA na zona?
Podemos dicir que ao redor do 80 % das granxas de Valle de los Pedroches contan con equipamento GEA.
Que importancia lle dan ao mantemento preventivo?
É fundamental, porque garante que os robots estean sempre en pleno funcionamento. Ao final, o gandeiro busca tranquilidade, que o robot funcione ben e que non teña que chamar a horas intempestivas ou en fins de semana. Iso conséguese realizando as actuacións que precisa o equipo durante o ano.
Por que están alcanzando tan bos rendementos os robots GEA en Valle de los Pedroches?
Os altos rendementos que estamos vendo nos robots GEA desta zona débense a catro factores. O primeiro é o propio robot, que está preparado para vacas de alta produción e deseñado para sacar un alto rendemento en leite. O segundo é o servizo técnico, tanto por parte de GEA como dos técnicos da distribución de José María Díaz Cobos. O terceiro é o apoio dos asesores e nutrólogos de COVAP, que fan un traballo fundamental, e o cuarto, o máis importante, é o manexo dos gandeiros, que son xente nova, preparada e que sabe como traballar e manexar ben a muxidura robotizada.


