Gea reuniu na súa sede de Alemaña á súa rede de distribuidores a nivel mundial nos seus GEA Dealer Days. O evento permitiu dar a coñecer as innovacións e as tendencias presentes no mercado, ademais de fomentar o diálogo cos especialistas de produto, realizar un tour pola fábrica de Bönen e visitar varias granxas que aplican a tecnoloxía máis avanzada da compañía.
A longo do encontro, os participantes puideron coñecer máis de dez novidades desenvolvidas pola empresa, dúas delas centradas no muxido. Por unha parte, comprobaron de primeira man un paso máis no concepto do muxido por lotes, a través do sistema Batch Milking co novo DairyRobot R9650. Por outro lado, constataron a evolución dos sistemas de control e xestión para o muxido convencional por medio da sala rotativa T8600.
Tamén se informaron de novas ferramentas como o CattleEye, que emprega a intelixencia artificial para detectar coxeiras de maneira temperá, ou o robot de alimentación automática F4500, que permite un maior control das racións. Ademais, observaron o enriquecedor de puríns E2950, para converter o esterco nun recurso fertilizante ou a nova gama de tetoeiras.
O equipo directivo de GEA amosou a estratexia coa que a firma pretende "levar ao sector ao seguinte nivel e empregar a innovación e a dixitalización para conseguir unha maior eficiencia de muxido e unha mellor calidade de vida para os gandeiros".