GEA impulsa a automatización e a transformación dixital nas explotacións leiteiras

GEA, un dos principais especialistas en muxido do mundo, está a impulsar o cambio dixital. O grupo tecnolóxico ve o futuro da gandería leiteira como un ecosistema dixital de sistemas de muxido automáticos e convencionais que apoian as tendencias cara á consolidación das granxas leiteiras con rabaños maiores, así como a transformación cara á automatización da produción. 

Coa idea da granxa dixital, GEA está a instalar un sistema de soporte dixital cuxas solucións de software e servizos axudan de maneira proactiva aos gandeiros de hoxe en día cara a unha produción de leite rendible e sustentable. Unha plataforma dixital completamente nova reúne xestión de rabaños e granxas baixo unha interfaz de usuario intuitiva e fácil de usar. Servizos innovadores e unha rede mundial de centros de solucións promoven a saúde do rabaño e a eficiencia operativa.

TENDENCIAS DE AUTOMATIZACIÓN NO SECTOR DO MUXIDO

A tendencia de camiñar cara a un sistema produtivo con menos granxas, máis vacas e unha maior produción por vaca continúa en todo o mundo. Ao mesmo tempo, os gandeiros están a centrarse na automatización e, nalgúns países, os investimentos en robots de muxido automáticos poden chegar ao 90 % dos casos. 

GEA estableceu novos estándares no muxido automático coa introdución do sistema rotativo de muxido totalmente automatizado DairyProQ; daquela o primeiro Monobox; o sistema exclusivo In-LinerEverything, e o seu último desenvolvemento é o DairyRobot R9500, con tráfico de animais libre ou tempos de muxido fixos, box único para granxas pequenas e familiares ou sistema de box múltiple para granxas con rabaños máis grandes. 

No campo do muxido convencional, lideran a súa liña de produtos as salas rotativas GEA DairyRotor e GEA T8900. Ambas continúan brindando aos gandeiros de todo o mundo a experiencia de muxido rotatorio máis sólida, eficiente e produtiva dispoñible a día de hoxe.

XESTIÓN INTEGRAL E UNIFORME DO RABAÑO

Co cambio dixital, os gandeiros recoñecen o valor dos datos para mellorar a eficiencia das granxas e o benestar animal. Para unha xestión de rabaños de vangarda e orientada ao futuro, GEA reúne datos de proceso, indicadores de rendemento do leite e monitorización do comportamento animal. 

Os produtores de leite benefícianse dunha rede global de apoio e dunha plataforma dixital para a xestión do rabaño.

En lugar de varios programas de software complicados, o software dixital ofrece acceso uniforme a través dunha interfaz intuitiva e fácil de usar. O inicio de sesión pódese realizar desde o computador ou a través da aplicación móbil. Unha vista de todo o sistema permite tanto ao gandeiro como aos técnicos detectar oportunidades e optimizar os parámetros de produción. As ferramentas de análises son particularmente valiosas para a monitorización diaria e toma de decisións: as alarmas, as funcións de retroalimentación e os informes facilitan ao gandeiro a xestión da saúde animal nunha etapa temperá e mellorar as estratexias de alimentación mentres se utilizan os recursos de maneira sustentable.

MÁXIMA DISPOÑIBILIDADE CARA AO GANDEIRO

Os operadores de sistemas de muxido automáticos e convencionais deben poder confiar na fiabilidade dos seus equipos e o benestar dos seus animais en vista do crecente tamaño dos rabaños. Os servizos innovadores no portafolio DairyService apuntan a unha monitorización proactiva da planta e ao mesmo tempo pon o foco nos produtos de hixiene para o coidado da saúde do ubre. 

Os gandeiros poden elixir entre diferentes niveis de servizo, o que fai os custos predicibles e transparentes. Ao mesmo tempo, benefícianse de servizos de reparación exclusivos e maior tempo de actividade da máquina.

GEA tamén está a preparar a súa rede global de distribuidores para ser centros de solucións. Estes equipos técnicos ben capacitados brindan aos gandeiros de todo o mundo de asesoramento, apoio e experiencia dixital para axudalos a lograr a saúde do rabaño e a eficiencia operativa na produción de leite. Paralelamente, GEA está a instalar un sistema de xestión interno ao longo da cadea de servizos que cobre todos os servizos de DairyService desde o gandeiro ato o distribuidor e a sede. Esta ferramenta ofrece unha planificación eficiente, un instrumento para o técnico de servizo de campo, optimizando ao mesmo tempo a planificación e o almacenamento de repostas.