Cinco robots de muxido GEA en dúas ganderías para conseguir mellor calidade de vida

Paz Villar é socia de dúas ganderías en Cantabria: SAT Hervicam, coa súa nai, María Cruz Campo, e os seus irmáns, Jesús e José Javier Villar, e SAT Los Yugos, co seu home, José Ramón Gómez, e as súas fillas, María e Lucía Gómez. Vaca Pinta 51.

Nos dous casos, a procura de man de obra facíase cada vez máis complicada e a obrigatoriedade de muxir mañá e tarde os 365 días do ano, cada vez máis escrava. Por estes motivos, decidiron dar o salto ao muxido robotizado e acabaron colocando tres robots de GEA en SAT Hervicam e dous en SAT Los Yugos.

Tras valorar varias marcas, decantáronse polos robots de muxido GEA R9500 pola posibilidade de separar o leite por cuartos e a colocación manual.

Aumentaron a produción uns tres ou catro litros, as vacas adaptáronse moi ben ao novo sistema e eles, coma gandeiros, gañaron en calidade de vida.

Xunto cos robots, incorporaron para un mellor manexo dos seus animais os colares de identificación Cow Scout e o arrimador de comida, e para a recría, optaron por automatizar tamén a súa xestión con dúas amamantadoras, unha para cada gandería.

SAT HERVICAM

Localización: Hoznayo (Cantabria)

Número total de animais: 350

Vacas en muxido: 180

Número de robots: 3

Media de número de muxidos: 2,8

Media de produción: 40 l/vaca/día

Porcentaxe de graxa: 3,65 %

Porcentaxe de proteína: 3,40 %

RCS: 200.000 céls./ml

SAT LOS YUGOS

Localización: Ribamontán al Monte (Cantabria)

Número total de animais: 230

Vacas en muxido: 110

Número de robots: 2

Media de número de muxidos: 2,8

Media de produción: 38 l/vaca/día

Porcentaxe de graxa: 3,80 %

Porcentaxe de proteína: 3,40 %

RCS: 180.000 céls./ml


 “O robot GEA gustounos pola colocación manual e pola separación de cuartos. Pareceunos moito máis completo”

Cando comezar a muxir co robot GEA?

En SAT Hervicam comezamos a muxir cos robots o 19 de febreiro de 2024 e en SAT Los Yugos, o 20 de abril de 2024.

Que sistema de muxido tiñan antes en ambas as ganderías e por que decidiron dar o salto ao muxido robotizado?

Traballabamos con dúas boas salas: en SAT Hervicam, cunha sala de 28 puntos, e en Los Yugos, cunha de 12.

A pesar diso, a procura de man de obra facíase cada vez máis difícil e o sistema de muxir pola mañá e pola tarde é unha escravitude, porque hai que facelo todos os días da semana, os 365 días do ano.

Por que escolleron GEA?

Miramos varias opcións e o robot GEA gustounos pola colocación manual e pola separación de cuartos. Pareceunos moito máis completo nese sentido.

Logo, xa coñeciamos a xente de GEA e a verdade é que o servizo técnico é moi bo. Levámonos moi ben con eles e, chamemos á hora que sexa, sempre nos atenden moi ben.

Como lembran o momento do cambio?

O día 19 de febreiro comezamos e pola mañá muximos a metade das vacas na sala e á outra metade nos robots. Pola tarde, xa as metemos a todas nos robots e así fomos traballando. Os primeiros días son complicados, porque hai que pasar moitas horas na granxa, pero, a partir das tres semanas ou así, vanse adaptando e xa entran soas.

Tiveron que descartar animais?

Non, non tivemos que descartar ningún animal, porque este robot nos permite a opción de separar cuartos. Estamos crecendo con recría propia e non necesitamos comprar ningún animal.


“Pasamos moitas menos horas aquí e temos moita maior flexibilidade horaria”

Que beneficios destacarían tras a incorporación dos robots?

Pasamos moitas menos horas aquí e temos moita maior flexibilidade horaria. Ademais, aumentou a súa produción uns tres ou catro litros por vaca e día e iso supón un maior rendemento.

En canto aos animais, non lles notamos nada, adaptáronse moi ben e apenas notaron o cambio.

De que maneira tiveron asesoramento de GEA e de Agrocantabria para o deseño das instalacións?

Os técnicos de GEA propuxéronnos deseños e nós tamén demos as nosas ideas. Entre todos chegamos a un acordo e decidimos optar polo tráfico libre en ambas as granxas. Normalmente está todo aberto e veñen e van cando queren, aínda que tamén dispoñemos dalgunhas portas por se nalgún caso as necesitamos.

Teñen algún equipamento máis de GEA?

Si. Co robot colocamos os colares de identificación, que nos dan moita información dos animais en canto a celos, ruminación e actividade. Sabemos cando están enfermas moito antes.

Ademais, adquirimos o arrimador de comida, que pasa cada dúas horas e as vacas teñen acceso á comida facilmente en todo momento; nótase moito.

Por último, instalamos para a recría as amamantadoras e os becerros están moi ben. Antes supoñían moito tempo e traballo, agora practicamente esquéceste deles.

Pensan en medrar ou instalar máis robots nun futuro?

Quitarnos o traballo de muxir coa sala pola mañá e pola tarde foi marabilloso.

Co robot, non te esqueces das vacas, porque hai que atendelas, pero trabállase doutra maneira. É moito menos escravo. Eu animo a todos os gandeiros que veñen vernos a que os poñan. Iso si, nós de momento non queremos medrar e imos manternos así.

Félix Collantes, técnico comercial de Agrocantabria, distribuidor de GEA en la zona

 

“Facemos seguimento do arranque en todo momento para ver como se está producindo e como están evolucionando as vacas”

Cales son as características do sistema de muxido instalado en SAT Hervicam e SAT Los Yugos?

SAT Hervicam é unha granxa que conta con dous patios e un corredor de alimentación ao medio. Colocamos tres robots GEA R9500 e decidimos apostar polo tráfico libre. Nun dos patios instalamos un robot con vacas primíparas, e no outro, dous robots para vacas multíparas.

Esta gandeira é copropietaria ademais noutra gandería, SAT Los Yugos, na que instalamos outros dous robots. Nesta ocasión, colocáronse un xunto ao outro, de tal maneira que se poden atender os dous robots no foso ao mesmo tempo.

Como é o voso asesoramento ao longo de todo o proceso?

Tanto Agrocantabria como GEA póñense en funcionamento desde o primeiro momento co deseño da instalación dos robots na nave. Búscanse varias alternativas, que se tratan de consensuar co gandeiro e, unha vez que se chega a un deseño, elabóranse os planos. Empezamos co asesoramento previo de tratamento dos animais, melloras que se deberían realizar na granxa e, cando temos a instalación lista, facemos o seguimento do arranque. Monitoréase en todo momento como se está producindo, como están a evolucionar as vacas, como funcionan os robots e, cando o gandeiro se sente cómodo, déixase que traballen eles sós.

Logo, realizamos visitas frecuentes de asesoramento, consulta e axuda. No caso dos robots, levamos a cabo un mantemento preventivo e, nalgunhas ocasións, loxicamente, cómpre facer un mantemento correctivo, para o cal temos un servizo de garda 24 horas, 365 días ao ano.