GEA AutoDry, medalla de ouro dos Premios á Innovación en EuroTier 2022

GEA participou como expositor na última edición da feira EuroTier, celebrada a semana pasada en Hannover (Alemaña), e presentou o seu novo sistema de secado AutoDry, co que logrou conseguir unha das catro medallas de ouro dos Premios á Innovación 2022.

O proceso de secado de vacas cunha alta produción de leite leva algúns riscos para a saúde dos animais. A alta presión interna do ubre nos primeiros días tras deixar de muxir, a falta de efecto de lavado producido polo fluxo de leite durante o muxido e un metabolismo animal sometido a estrés debida a unha redución drástica na subministración de enerxía a través do alimento poden chegar a prexudicar a saúde e o benestar dos animais. A inflamación do ubre adoita previrse mediante o uso de antibióticos.

O sistema AutoDry ofrece unha función innovadora do software de xestión de rabaños de GEA para sistemas de muxido convencionais. A función pódese activar individualmente para cada vaca e prepara á mesma de forma coidadosa e eficaz para o secado.
AutoDry inicia o retirado automático do equipo de muxido despois de alcanzar unha cantidade predefinida de leite. Aproximadamente 10 días antes do secado e coa asistencia dun algoritmo patentado, comeza a reducir gradualmente a produción de leite cada día ata chegar ao estado de secado.

O secado automatizado das vacas segundo un modelo natural achega unha vantaxe para todo concepto económico usado nunha explotación e, ao mesmo tempo, contribúe activamente a unha maior sustentabilidade, sobre todo en granxas leiteiras de alto rendemento.

Desta forma, AutoDry permite reducir o uso de antibióticos, favorece o benestar animal e reduce a carga de traballo.

Estará dispoñible para granxas con sistemas de muxido convencional durante o primeiro trimestre de 2023.