Gando presenta unha ferramenta que facilita a xestión das receitas veterinarias

Gando presenta unha ferramenta que facilita a xestión das receitas veterinarias

Gando, a plataforma de integración e xestión de datos que comercializa en exclusiva en España Ceva Salud Animal, incorporou unha ferramenta para axudar a introducir de forma máis rápida e eficiente os crotais para receitas veterinarias en granxas leiteiras.

Esta ferramenta simplifica este proceso, permitindo xerar de forma automática listaxes cos crotais dos animais que deben recibir un determinado tratamento. A configuración destas listaxes é moi sinxela. Só require filtrar os datos en función do tipo de enfermidade que sofre o animal ou do tipo de tratamento que debe recibir. Unha vez configurados, estas listaxes poden descargarse ou directamente copiarse e pegarse no sistema onde se xeran as receitas.